Friday 03 de May de 2024

O Teatro Colón acolle mañá a preestrea nacional de “Valentina”, nominada á Mellor Película de Animación nos premios Goya do 2022


O Teatro Colón proxectará mañá, ás 12 da mañá, a película de animación “Valentina”, obra dirixida por Chelo Loureiro. Trátase da preestrea do filme, que emitirase na Coruña por primeira vez en España, e que que chegará aos cines do país o vindeiro día 10.

Haberá unha única sesión, ás 12 da mañá, con entrada de balde ata completar aforo. “Valentina” é unha historia musical sobre a diversidade e a inclusión. A obra conta cunha nominación aos Premios Goya do 2022 na categoría de Mellor Película de Animación.

Ademais da dirección, Chelo Loureiro é tamén a responsable do guión e da produción. A banda sonora está asinada por Nani García e o deseño de personaxes e fondos corre a cargo de David Pintor.

A proxección de “Valentina” enmárcase na estratexia impulsada polo Goberno de Inés Rey de converter o Colón tamén nunha sala de estreas no ámbito audiovisual.